No programa de hoxe contamos coa presenza da nosa profesora e poeta Olga Novo, que foi galardoada co Premio Nacional de Poesía no ano 2020. Tamén é escritora, ensaísta e tradutora, desenvolvendo traballos de investigación en diversos ámbitos e promovendo o galego como unha lingua viva e dinámica. Na entrevista descubriremos cousas moi interesantes da vida académica e artística da nosa convidada coa que tivemos o pracer de desfrutar dunha compaña moi agradable.


