Entrevista a Andrea Nunes e Alba María

O día 24 o día das Bibliotecas, temos a honra de ter como convidadas, entrevistadas por Rodrigo Cota, a Andrea Nunes e Alba María que representan o talento, a forza e a diversidade na cultura galega contemporánea.
Andrea e Alba contrúen coa palabra e a música, entre tradición e vangarda, entre activismo e arte. Son dúas voces que convidan a escoitar, reflexionar e sentir. Andrea e Alba convidarannos a cruzar ese limiar onde os libros deixan de ser obxectos e se converten en encontros. Porque ás veces, unha biblioteca non é só un lugar: é unha voz que nos chama, unha historia que nos acolle, unha memoria que se comparte

