
Na entrevista de hoxe temos o pracer de contar co xornalista da Radio Galega Alfonso Pardo, unha das voces máis recoñecíbeis e referentes do panorama radiofónico galego, e un auténtico clásico do baloncesto nas nosas ondas. Acompañános nesta conversa na nosa biblioteca para descubrir a súa traxectoria tras o micrófono, a evolución do xornalismo deportivo e a paixón de quen leva anos narrando cada canastra e emocionando á audiencia desde a radio pública. Unha cita imprescindible para os amantes da comunicación e do deporte!
