As comunidades de aprendizaxe son proxectos baseados nun conxunto de actuacións educativas de éxito dirixidas á transformación social y educativa. Este modelo educativo está en consonancia coas teorías científicas a nivel internacional que destacan dous factores claves para o aprendizaxe na actual sociedade: as interaccións e a participación coa comunidade.
Neste senso implican, polo tanto, a todas as persoas que de forma directa o indirecta inflúen no aprendizaxe e no desenvolvemento do alumnado, incluíndo ao profesorado, familiares, amigos y amigas, a veciñanza, membros de asociacións e organizacións locais, persoas relevantes dende un punto de vista social, etc….; de tal xeito que se produzan fenómenos de retroalimientación e reciprocidade entre diferentes actores socias, espallando o aprendizaxe e a implicación alén dos muros da escola.
No noso caso en concreto, a Radio Piguela parte da colaboración entre o IES A Pinguela coa emisora local Radio Principal-Ser Monforte para levar a cabo actividades formativas, de difusión e de posta en valor da cultura radiofónica. Alén desta colaboración de dous entidades xa moi asentadas nas Terras de Lemos, se abre un espazo dialóxico para o enriquecemento mutuo e a posibilidade de crear unha sorte de viveiro de actividades e encontros que podan enriquecer a formación e fomentar a creatividade de toda a comunidade.