Informe sobre o traballo de radio.

Para avaliar a  actividade de radio escolar nesta 1ª avaliación propoñemos realizar un dossier sobre o voso proxecto de programa de radio.  Este será un único documento que englobará todos os traballos e actividades que levastedes a cabo ata de agora.

Lembrade que hai que entregar antes do día 5 de decembro unha copia en papel, grapada ou encadernada, e outra dixital debe ser enviada ao mail:

historiapinguela@gmail.com.

A modo de guía deixamos a continuación as partes que debería ter susodito informe:

  • Portada
    • Título do programa, e lenda, se é que a ten.
    • Logo o imaxe reprensentativa do programa.
    • Nomes dos integrantes do grupo e curso.
  • Índice.
    • Trátase dunha lista onde aparezcan os capítulos do traballos co seu correspondente número de páxina.
  • Introducción ou limiar:
    • É un texto que se escribe sempre ó final e se pon ao principio do documento a modo de presentación. Trata de explicar os contidos, obxetivos e partes do programa dun xeito xeral.
  • O equipo:
    • Membros do grupo e rol que desempeñan.
    • Descripción das dinámicas do grupo.
  • Guión literario.
  • Escaleta técnica.
  • Valoración / Conclusión.
    • Trátase de poñer por escrito algunha valoración crítica que nos serva para mellorar e/ou poñer en valor o traballo feito ata de agora.
  • Fontes de Internet e/ou bibliografía.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *