Nós somos de aquí: á procura das orixes.
Desde os Departamentos de Lingua Galega, Bioloxía e Ciencias do IES A Pinguela tratamos de promover este proxecto educativo de enriquecemento curricular traballando por proxectos e intentando fomentar os saberes compartidos.
Queremos dar un pulo á expresión dos saberes interxeracionais da nosa máis inmediata contorna cultural. Trátase de poñer en valor aquelo que somos utilizando técnicas etnográficas e antropolóxicas para a recolleita por parte do noso alumnado de toda aquela cultura que pervive na nosa contorna; trátase de dar conta das lendas, coplas, contos e coñecementos tradicionais, así como das experiencias de vida e as historias dos lugares, dos obxectos e daspersoas, de todo cando vai tecendo ise nobelo de saberes que pasa de xeración en xeración de xeito oral e que configura -dun xeito máis ou menos consciente- aquelo que somos.