
No programa de hoxe contamos coa presenza de Borxa González Castro, responsable de Orgullo Galego, un proxecto que aposta pola difusión de contido na nosa lingua e que ten o récord de ser a páxina con máis seareiros da rede. Borxa vainos explicar en que consiste o proxecto, desde a páxina de Facebook ata o que é hoxe, que se pode considerar como un referente cultural. e onde podemos atopar información sobre o mesmo. Ademais, Borxa comenta a importancia de crear comunidade e novos referentes para a xente nova desde distintos ámbitos. Tamén nos comentará cousas sobre cultura popular galega, tamén da comarca de Lemos.
