
No programa de hoxe, contamos coa grata compaña de Claudio Rodríguez Fer, poeta, escritor, ensaísta e profesor na Universidade de Santiago de Compostela. Nesta conversa, o noso convidado, entrevistado por Olga Novo, profesora do noso centro, explícanos algúns aspectos sobre a figura de Daniel Alfonso Rodríguez Castelao, do que é especialista, afondando na vida e obra deste rianxeiro que se converteu en auténtica bandeira do galeguismo.
A entrevista ofrécenos unha mirada profunda e enriquecedora sobre Castelao, destacando a súa relevancia cultural, política e artística, e convidándonos a reflexionar sobre a vixencia do seu pensamento na Galicia contemporánea.

