
No programa de hoxe, que presentan Hugo e Rosa, alumnos de 2º Bacharelato, conversan co profesor de idiomas camerunés Samuel Montoumnjou.
Samuel segue conservando moitas tradicións e elementos propios da súa cultura, que hoxe comparte connosco para axudarnos a entender mellor a riqueza da diversidade. A través da súa experiencia como docente e a súa viaxe persoal, falaremos sobre a importancia da integración, o valor das linguas como pontes entre pobos e como é posible manter a esencia propia vivindo nunha realidade diferente. Unha conversa inspiradora que nos convida a mirar máis alá das fronteiras e a valorar o que nos une. Non o perdades, comezamos!

